Recunchos da Costa: O Cemiterio dos Ingleses

Continuamos, nos nosos Recunchos da Costa, a Ruta do Reira que comezabamos por Arou, e que continúa ata o Cabo Vilán. Despois da parada nas praias do Trece e a Duna Monte Branco, toca facermos outra parada singular.
O Cemiterio dos Ingleses é un lugar de culto para centos de turistas chegados de toda Europa. Ten orixe nun dos naufraxios máis míticos da Costa da Morte, o do buque inglés The Serpent, en 1890, no que faleceron 172 dos seus 175 tripulantes. A fermosa resposta do pobo camariñán propicio varios regalos do goberno inglés.
Ás veces invadido polos milladoiros, é un dos espazos que coloca a Costa da Morte como marco perfecto para desenvolver o necroturismo.
Dende hai máis de 10 anos, cada 10 de novembro, pola noite celébrase unha homenaxe tremendamente peculiar, da man da real Liga Naval. Un evento que forma parte ademais dunha estratexia de aproveitar o patrimonio inmaterial dos naufraxios como reclamo turístico.
Como chegar
Novas relacionadas
- Miro Villar: O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Homenaxe ao Serpent 19: Camariñas aproveita o Serpent como reclamo cunha emotiva homenaxe e un completo programa.
- Homenaxe ao Serpent 2018: A RLNE non fallou a súa emotiva cita co Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2016: O Serpent: Unha homenaxe singular nun espazo singular.
- Homenaxe ao Serpent 2015: Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome.
- Homenaxe ao Serpent 2014: A Costa da Morte non esquece o Serpent.
RECUNCHOS DA COSTA
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- ROs petroglifos de Boallo.
- A ruta do Muíño de Louredo.