Domingo. 15.09.2019
El tiempo

Recunchos da Costa: Os petroglifos de Boallo

Os Petroglifos de Boallo son un fermoso Recuncho da Costa-Foto-Megaliticia
Os Petroglifos de Boallo son un fermoso Recuncho da Costa-Foto-Megaliticia
Recunchos da Costa: Os petroglifos de Boallo

Continuamos con esta recuperación dos Recunchos da Costa, eses espazos singulares, uns evidentes e outros non tanto, que nos permiten coñecer mellor os tesouros da nosa comarca e ademais ser os mellores anfitrións.

Hoxe imos ata Vimianzo, para coñecermos os Petroglifos de Boallo, na parroquia de Berdoias.

Descubertos en 1997 por Manuel Coto mentres realizada unha xornada de caza, os petroglifos de Boallo (on fermoso exemplo do rico patrimonio arqueolóxico da Costa da Morte. Son un típico petroglifo de formas circulares, tan típico dos gravados galegos.

Realmente son dúas estacións de arte rupestre prehistóricou (o petróglifos do Outeiro do Recosto e Pedra Mosqueira) datadas da Idade de Bronce (ha uns 4.000 anos) e catalogado como “Ben de Interese Cultural”.

O Concello de Vimianzo ten recuperado e posto en valor este patrimonio, con sinalización e mesmo con rutas guiadas, como a que organizou o ano pasado o Colectivo A Rula.

Ruta aos Petroglifos de Boallo con A Rula copia

Como chegar

Dende o cruce de Berdoias tes que coller cara Muxía pola AC-440. Apenas a 300 metros pasas o lugar de Boallo, e pouco máis adiante colles á dereita por unha pista que xa ten indicación cara os Petroglifos de Boallo. Dende aí seguir as indicacións case mellor a pé ata o linde do antigo Couto de Berdoias e Boallo.

Podes pinchar na localización ou ver o mapa:

 

Pedra mosqueira dos Petroglifos de Boallo-Foto-A Rula copiaFoto de Megaliticia

Petroglifos de Boallo-Vimianzo-Foto-A Rula copia
Foto A Rula

Debuxo de Rubén Rial do Petróglifo de Boallo no libro Unha historia de Vimianzo copia
Debuxo de Rubén Rial do Petróglifo de Boallo no libro Unha historia de Vimianzo copia

Máis información

Recunchos da Costa

Comentarios