Martes. 19.03.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: O Cabo, e Faro, Vilán

Rematamos, nos nosos Recunchos da Costa, a Ruta do Reira que comezabamos por Arou, e que continúa ata o Cabo Vilán. Despois das paradas na praias do Trece e a Duna Monte Branco, o Cemiterio dos Ingleses e as praias do Reira e o Foxo do Lobo, seguimos ata un dos puntos máis simbólico da Costa da Morte.
Recunchos da Costa: O Cabo, e Faro, Vilán

A visita é espectacular. Ademais, as vistas chegando dende o norte pola pista de zahorra son incribles, cos rochóns facendo de proa do barco do primeiro Faro que utilizou luz eléctrica en España (1896).

Co vento sempre presente, as vistas de todo o Atlántico dende os cantís de máis de 100 metros de altitude, permiten esvaecerse na salvaxe natureza costeira.

A vista complétase por un paseo pola zona sur, onde podemos ver o faro primixenio, de 1854, dende onde podemos ver toda a ría de Camariñas.

O único Faro vivo

Lente do Faro Vilan
Foto: Camiño dos Faros

A visita ao Faro tamén é imprescindible. A Asociación de Empresarios de Camariñas mantén vivo o espazo, o único que sobrevive en toda a bisbarra. Información turística, exposicións, charlas, concertos… a entidade fai o que pode, con poucas axudas, para manter abertas as súas portas. o Faro conta con outra baza especial: A torreira (ou fareira) Cristina Fernández.


Foto nocturna premiada da fareira Cristina Fernández feita por Daniel Llamas

Se conseguides unha visita guiada súa pola exposición permanente do Faro, é algo impagable. A subida pola serpe de escaleiras, ata a bombilla, só reservada para privilexiados, como os trasnos:


Piscifactoría e parque eólico en plena Rede Natura...

O Cabo é tan simbólico como castigado, pois a piscifactoría de rodaballo e o parque eólico son dous claros exemplos da mala xestión da paisaxe en Galicia, sempre poñendo por diante o aproveitamento industrial ao coidado da nosa natureza salvaxe.

Como chegar

Con este completo mapa do Camiño dos Faros, podedes guiarvos perfectamente e chegar ao Faro. Tamén se pode chegar dende Camariñas, pola Ruta Costa da Morte PRG-158.

 

RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios