Martes. 23.04.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: O Casco Vello de Corcubión

Seguimos recuperando esta senlleira iniciativa dos Recunchos da Costa. E facémolo voltando ás orixes, usando a primeira foto e o primeiro lugar co que estreábamos en outubro de 2007, esta iniciativa: en Corcubión.

Vistas do Casco Vello de Corcubion
Vistas do Casco Vello de Corcubión-Foto: David Lourido
Recunchos da Costa: O Casco Vello de Corcubión

Un dos únicos, xunto co de Muros, cascos históricos que non foron asogalados pola desfeita urbanística da última metade do século pasado. De feito, é declarado Conxunto Histórico-Artístico dende 1985 Un espazo para pasar, que combina edificios históricos, con ruelas agochadas e segredas, con todo o arrecendo do mar, presente en todo momento.

Un casco polo que trasncorre a variante comercial do Camiño de Santiago a Fisterra, e que podería recuperar a Rúa Rafael Juan, a que foi a Rúa Real do momento, e que hoxendía. Ben é certo que é necesaria unha completa reformulación da Praza Castelao, o corazón da vila, pero parece que todo acabará sucedendo.

Unha subida á Igrexa de San Marcos, unha visita ás casas nobles (Pazo de Altamira, Pazo dos Condes de Traba, Casa Miñoñes) ou a outras máis modernas e premiadas como a Casa Chao; perderse polas rúas que hai detrás do concello; tomar algo e comer nos bares e restaurantes do casco; subir ao Cabo da Vila para ver as vistas…

Toda unha experiencia de tranquilidade e relaxación recibido ademais por un pobo amable, acostumado a ser anfitrión.

Espazos de CorcubionUnha casa a medias; a casa Chao e a cinéfila casa co singular xardín dos Lamas

Foto da praza Castelao en Corcubion-Foto-Asia ChrzanowskaFoto dunha esquina de Corcubion-Foto-Asia Chrzanowska
Dúas escenas de Corcubión-Fotos: Asia Chrzanowska 

 

Outros Recunchos da Costa

Comentarios