Rematadas as obras da mellora da contorna do Campo da Feira de Paiosaco
09:50 01/12/22
Visita institucional onte na Laracha para ver o proxecto de mellora da contorna do Campo da Feira de Paiosaco. Un proxecto, enmarcado no plan Hurbe, que conta con máis de 130.000 euros financiado nun 70% por parte do Goberno galego e nun 30% polo concello, que consistiu na mellora das beirarrúas coa ampliación da anchura, a corrección de pendentes, a adaptación de arquetas e utilización de pavimentos pétreos antiesvarantes.
Tamén se actuou na calzada coa renovación das sinalizacións horizontais e verticais e a substitución da capa de rodadura. A maiores, instalouse novo mobiliario -bancos, xardinería e papeira- e actuouse na rede de augas pluviais.