Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rouban o valado da área canina da Laracha

Roubo da malla da area canina
Rouban o valado da área canina da Laracha

Hai cousas difíciles de entender, e unha é a de roubar os bens públicos. Desta volta é o Concello da Laracha o que denuncia o roubo duns trinta metros do valado perimetral (tipo "malla hércules") da área de recreo canino producido durante a pasada noite do mércores a xoves.

A Policía Local investiga o caso e solicita a colaboración cidadá para dar cos responsables.
O gasto que suporá a reparación estímase nuns 1.500 euros, pero para evitar o seu peche temporal, e como a área, recén estreada está tendo moito uso, o Concello, como medida provisional e de urxencia, instalou un valado de obra que permite o uso do equipamento con plena garantía de seguridade.
 

Comentarios