Martes. 05.11.2024
El tiempo

Aberta xa a nova área de recreo canino na Laracha

Aberta xa a nova área de recreo canino na Laracha
A nova área de recreo canino está desde aberta dende este pasado venres para uso e desfrute da cidadanía larachesa e as súas mascotas. Trátase dunha parcela de 1.300 metros cadrados de superficie situada na confluencia entre as Avenidas Manuel Fraga e Bos Aires do núcleo urbano da Laracha. 

O acceso ao recinto conta con dobre porta e un valado perimetral -co obxectivo de evitar que os cans poidan escapar del-, unha marquesiña con banco, unha ducha de arco, unha fonte de auga potable de dobre uso para persoas e mascotas, un dispensador de bolsas e un contedor de excrementos.

Esta iniciativa foi promovida polo Concello ante o notable incremento na cifra de cans de compañía existentes nas zonas urbanas e co obxectivo de que as mascotas teñan á súa disposición un espazo público amplo, seguro e cun equipamento especialmente pensando para que poidan xogar, realizar exercicios para manter a saúde e favorecer a socialización con outros cans.
Este proxecto supuxo un investimento próximo aos 35.000 euros, financiados integramente con fondos municipais. 

Comentarios