Venres. 29.03.2024
El tiempo

@s nen@s da Laracha aprenden a facer pan

Obradoiro no Museo de Golmar
@s nen@s da Laracha aprenden a facer pan

Este sábado, houbo sesión gastronómica no Museo dos Muíños de Golmar da Laracha. Unha quincena de rapaces de entre 4 e 8 anos participaron no obradoiro infantil "Facendo pan" que se realizou.

O obradoiro constou de dúas fases. A divulgativa consistiu nunha visita comentada polo museo para coñecer a historia, xeografía, arquitectura, tradición e economía da época de maior importancia dos muíños de auga, así como o funcionamento dos seus diferentes mecanismos, incluíndo o visionado dun vídeo explicativo.

Na fase participativa cada neno amasou e preparou o seu propio bolo seguindo a receita que se explicou previamente. A continuación, coceuse no forno da Panadería Antonio, situada xunto ao museo. Finalmente explicáronse as diferentes partes do pan (codia, miolo, corrosco, codela, etc.).

Comentarios