Os taxistas da Laracha analizan as súas posibles melloras

10:50 13/10/20
Tod@s @s profesionais do taxi da Laracha estaban chamados a unha reunión este pasado venres co alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Promoción Económica, Rocío López. Este tipo de reunións realizaranse cunha periodicidade de catro meses co propósito de continuar mellorando o servizo.
Na xuntanza tratáronse cuestións relativas ao funcionamento do servizo e expuxéronse ideas para melloralo en beneficio tanto dos usuarios como dos profesionais do sector.
O rexedor municipal aproveitou o encontro para anunciar que en próximas datas se iniciarán as obras, anunciadas en xullo, coas que se transformará a parada de taxis da Laracha para mellorar a accesibilidade nese ámbito.