Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Última fase das obras da parada de taxis da Laracha

 Transformación parada taxis da Laaracha
Última fase das obras da parada de taxis da Laracha

Apenas queda a creación dunha marquesiña e o pintado das marcas viarias, para rematar as obras de transformación da parada de taxis da Praza do Concello da Laracha. Trala ampliación da beirarrúa -que pasa a duplicar o seu espazo- e da colocación do adoquinado que diferencia a zona de parada dos taxis, que desde agora está orientada en liña, o Concello afronta a última fase, desta obra que supón un investimento municipal de 30.000 €.

Obras nas parroquias

Igualmente, o Concello está realizando actuacións de mellora da rede viaria municipal nos núcleos de Arén (nesta imaxe) e Trasande e están previstas intervencións no cruce da vía entre O Pereiro e Fragunde.

2021.07.03.- Mellora estrada en Arén

Comentarios