Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Unhas xornadas de portas abertas sobre a pesca artesá pechan o programa "A Laracha Activa e o Mar de Caión"

Unha xornadas de portas abertas sobre os oficios da pesca artesá pechan o próximo fin de semana o programa medioambiental "A Laracha Activa e o Mar de Caión", organizado polo Concello da Laracha en colaboración co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que naceu co obxectivo de reforzar os valores ambientais e patrimoniais do litoral caionés ao mesmo tempo que dinamizar o turismo.

As xornadas de portas abertas realizaranse no centro sociocomunitario. Comezarán o venres de 19:00 a 21:00 horas con tres conversas sobre o pasado, o presente e o futuro do mar a cargo dos historiadores Marcos E. Amado e Fernando Patricio Cortizo e de profesionais do sector pesqueiro. Ademais, o sábado e o domingo poderase visitar a exposición en horario de 10:30 a 13:30 h e de 17:00 a 20:30 h. A asistencia ás conversas e a entrada para a visita á exposición son libres e gratuítas.

Por outra parte, aínda está abera a inscrición na camiñada que se vai realizar o sábado 10:30 a 13:30 h. Do mesmo xeito que a xa realizada o domingo pasado, partirase da Confraría de Pescadores e consistirá nun percorrido guiado de apenas catro quilómetros de distancia e de dificultade baixa. Anotarse é gratis e pode facerse vía telefónica (981605001), presencialmente no Concello ou enviando un correo electrónico a [email protected] indicando o nome, DNI, idade, enderezo e teléfono de cada asistente.

laracha-activa-mar-caion
Un momento dos obradoiros de colleita artesanal realizados a pasada fin de semana
Unhas xornadas de portas abertas sobre a pesca artesá pechan o programa "A Laracha Activa e o Mar de Caión"
Comentarios