xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Consellería de Medioambiente non sabe nada do proxecto da batata

A Consellería de Medioambiente non sabe nada do proxecto da batata
Unha planta industrial de Termo-Biologicas e un cultivo de batata

Ou alo menos é o que lle respondeu ás preguntas formais da Asociación Petón do Lobo. A Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, comunicoulle onte á entidade conservacionista bergantiñá, que “non se ten constancia do proxecto industrial referido ao cultivo da batata para a produción de biocombustible na comarca de Bergantiños e impusaldo pola empresa Termo-Biológicas”.

Fai unha lectura clara a entidade sobre o asunto, reflexionando sobre as mentiras electorais que deron varios alcaldes, nomeadamente o ex alcalde de Coristanco e o de Cabana, sobre a suposta autorización ambiental que xa tiña a empresa. Parece que eran todos palabras baleiras, e que queda moito para traer este proxecto á zona, como sinalaba Amancio Lavandeira, o novo alcalde coristanqués.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios