Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Gala de presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa

A Gala de presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa
Cartel da Gala do Álbum do Fútbol da Costa

Xa están a aquí. Os cromos dos xogadores da Costa. O esperado Álbum de Cromos do Fútbol da Costa xa case está nos quioscos, esperando que en breve xa poidamos comezar a coleccionar.

Pero antes toca presentalo en sociedade. E que mellor que facelo cunha Gala de Presentación que sirva de punto de encontro para todo a xente do fútbol costeiro. Así, este vindeiro sábado 30 de novembro, ás 21:00h, o Auditorio de Santa Comba acolle a Presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa.

A televisiva zaense Mónica Martínez presentará a Gala

Será unha Gala presentada pola coñecida cara de Mónica Martínez, veciña de Zas que foi presentadora do Telexornal Deportes da TVG e que sempre estivo moi vencellada ao Fútbol costeiro. A Gala, á que está invitada toda a bisbarra, contará coa presencia de personalidades relacionadas co noso deporte, e contará cun invitado moi especial: David Vidal. O mítico adestrador galego ten unha vinculación directa co fútbol costeiro e alí estará para contárnolo.

Cromo de David Vidal co Logrones

Presentaremos o Álbum en sociedade, contaremos como nace o proxecto, anunciaremos as últimas sorpresas que temos en QPC, contaremos coa actuación de dous grandes, Míchel e Damián da Cherinkas que xa nos fixeran escachar da risa nun Encontro de Colaboradores de QPC... E sobre todo, poderedes ser os primeiros en mercar un álbum e os sobres!!

E como non, ao final haberá uns petiscos, gracias á colaboración do Concello de Santa Comba, que se volcou ca organización do evento.

Unha día con David Vidal

Precisamente a chegada dun grande do fútbol estatal con David Vidal invita a intentar disfrutar con el durante toda a fin de semana. Será un sábado completo.

Ás 12:00h, a Taberna O Ribeiro de Corcubión, acollerá unha charla con el sobre como unha persoa chega "Da Liga da Costa á Liga das Estrelas". Vidal fará unha viaxe dende o fútbol modesto ata o profesional, nun acto conducido por Fran Hermida.

Pola tarde, despois de comer, David Vidal estará no campo de Fontenla para realizar un adestramento coas categorías inferiores do Xallas de Santa Comba. Un verdadeiro luxo velo de corto, que é como a el lle gusta expresarse, no terreo de xogo e coas botas postas.

Cando estarán na rúa?

Así, a partir do domingo 1 de decembro, xa teredes os cromos nos 40 Puntos de Venta por todas as vilas da bisbarra, dende Carballo ata a Serra de Outes.

Ahh, e non podemos esquecernos de todos eses Patrocinadores que fixeron posible que este proxecto saia adiante. Moitas gracias por colaborar con esta iniciativa que ten como obxectivo facer un pouco máis grande o Fútbol da Costa.

Toda a información sobre o Álbum de Cromos

Xa tendes toda a información sobre como facervos co Álbum de cromos en:

Máis novas sobre o Álbum de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios