xoves. 08.05.2025
El tiempo

A Mesa de Bergantiños demanda á Deputación polos topónimos deturpados na comarca

A Mesa de Bergantiños demanda á Deputación polos topónimos deturpados na comarca
Membos da Mesa de Bergantinos polos toponimos en galego na Deputacion da Coruna

A semana pasada viamos o estudio da Mesa de Normalización de Bergantiños con 172 topónimos deturpados nas sinais da comarca de Bergantiños. Pois ben, moitos deses sinais son de competencia do ente provincial, polo que a Mesa decidía entregar a pasada mañá un escrito no Rexistro da Deputación Provincial da Coruña solicitando a corrección de todos os topónimos incorrectos existentes na sinaléctica pública da comarca de Bergantiños que son da súa competencia.

O responsable da Mesa na comarca, Xosé Cotelo, e varios membros da asociación lembraron ao organismo provincial o artigo 10 da Lei de Normalización Lingüística: “Os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega" e que "estas denominacións son as legais a todos os efectos e as rotulacións terán que concordar con elas".

Orada (A Ourada), Recesinde (Rececinde), Plaza (A Praza), Laracha (A Laracha), Sta. Margarita (Sta. Margarida), Budual (O Bidual)...son algúns dos exemplos en que os nomes de lugar se encontran incorrectamente rotulados na sinaléctica da Deputación ao longo dos sete concellos da comarca.

A mesa de Bergantinos fai entrega no Rexistro da Deputacion

Tamén da Xunta e aos Concellos

A semana pasada a sección da Mesa en Bergantiños tamén enviou un escrito á Xunta de Galiza solicitando a corrección de todos os rótulos da súa competencia que están incorrectos nas vías públicas dos sete concellos da comarca de Bergantiños.

Unha vez que a sección comarcal da Mesa xa se dirixiu a todos os concellos de Bergantiños, Deputación e Xunta para que corrixan os topónimos incorrectos na sinaléctica da comarca, Xosé Cotelo agarda “que todas as administración galegas exerzan a súa responsabilidade moral e legal como administracións galegas respectando os topónimos oficiais e cumprindo a Lei de Normalización Lingüística”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Mesa de Bergantiños.

Comentarios