![]()
Hoxe, 1 de agosto, a parroquia de Cesullas encherase de romeiros para desfrutar da
popular festa de San Fins do Castro. O "Berro Seco", a queima do santo de pólvora, a festa do viño e as tradicionais merendas serán os principais atractivos dun dos días máis grandes do concello de Cabana. Precisamente, éste é o comezo dun mes de agosto cheo de actividades e festas no municipio cabanés.
A seguinte cita será o día 4 e agosto na praia do Pendón, onde terá lugar unha actividade que leva por título "Ven ao esteiro do Anllóns" onde o programa está deseñado para gozar dunha tarde entretida, compaxinando o carácter divulgativo co lúdico.
Máis adiante, a partir do día 12 de agosto e seguindo a tradición, os veciños e veciñas de Riobóo farán unha viaxe no tempo de centos de anos e levará a cabo a “Tarde-Noite no Medievo”, que contará con paseos a cabalo, xogos tradicionais, gastronomía, artesanía, actuacións e sobre todo coa tan esperada prevoda medieval. Despois enlace, a festa seguirá con música tradicional e
unha verbena.
![visitas-dolmen-dombate]()
Os Quinquilláns ofrecen todos os sábados unhas visitas guiadas teatralizadas
Tamén todos os sábados do mes de agosto continuarán as visitas teatralizadas, da man de Os Quinquilláns, no dolmen de Dombate.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Cabana de Bergantiños