![programacion cultural primavera cabana]()
As actividades para todos os públicos enchen o programa cultural do concello de Cabana de Bergantiños para esta primavera. As citas - dúas por mes - repártense entre o auditorio municipal e dolmen de Dombate.
A primeria das convocatorias é o domingo 10 abril, ás 18 horas, cun encontro con
"As nosas músicas" no auditorio do concello. Felipe Senén encargarase de falar sobre o
"Centenario de Manuel Lema Otero" nun acto que terá lugar tamén no auditorio municipal o 14 de abril ás 13 horas.
Maio comeza cunha ruta de
"Arqueociclismo polo chan de Borneiro". A convocatoria, dirixida a todos os públicos que leven bici, é o domingo 1 de maio ás 11 horas no dolmen de Dombate. Tamén en maio, o día 29, terá lugar no auditorio a
clausura da escola municipal de teatro. A
escola municipal de música pechará o seu ano académico do 5 de xuño ás 18 horas, no auditorio municipal, ofrecendo un espectáculo de clausura.
A programación cultural do concello de Cabana para a primavera remata o 21 de xuño - ás 11 horas - coa
celebración do solsticio do verán no dolmen de Dombate.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cabana