As rutas de sendeirismo aumentan o seu eco
Unha fin de semana máis os camiñantes foron, e serán, os protagonistas na Costa da Morte. Se o pasado sábado tocaba Andaina por Corcubión, cun gran seguemento a pesar do mal tempo, estes sábado 25 e domingo 26 de maio teremos 5 citas imperdibles, con ánimo de disfrute, pero tamén de loita.
De Corcubión a Camariñas nas Andainas Costa da Morte
Os 107 participantes da andaina Pola península de Corcubión puideron gozar o pasado sábado das fermosas panorámicas do Cabo Fisterra, Monte Pindo e Illas Lobeiras xa que a chuvia quixo dar unha tregua e o bo tempo acompañou os camiñantes durante toda a mañá. Unha fermosa andaina na que percorreron un tramo do camiño xacobeo e rematou na igrexa de San Pedro.
Unha vez feito o percorrido os sendeiristas tiveron uha sorpresa gastronómica, que consistiu na degustación de porco celta, ben agradecida logo do desgaste do exercicio físico.
E xa sen tempo a descansar, temos a próxima Andaina, que será a última do programa, será o vindeiro sábado día 25 de maio no concello de Camariñas. Un percorrido de 14,5 km chamado Coñece Camiños, que levará aos camiñantes polas fermosas paraxes do Vilán e o Cemiterio dos Ingleses. A ruta rematará no Club Náutico cunha degustación de produtos de Industrias Cerdeimar. Conservas Boya. Poderase realizar a inscrición ata o vindeiro xoves día 23 en deportes@vimianzo.es.
3ª etapa do Camiño dos Faros - Ponteceso-Laxe
Este domingo 26 de maio terá lugar a terceira etapa que discorre entre Ponteceso e Laxe. A quedada será no Bar Mareira de Laxe ás 9:00 (á beira da parada de taxis e do Paseo Marítimo), dende onde partirá o autobús cara o punto de partida en Ponteceso e así despois xa terán os coches en Laxe ao final da etapa, que será entre 19:00 e 20:00.
Serán un total de 25 Km cun par de paradas de avituallamiento no Castro A Cibdá e outra sen confirmar. Cada un que leve os seus bocadillos e auga. Hai algunha fonte no percorrido.
Sendeirismo contra a mina
E en clave de loita, o domingo, 26 de maio Artabros organiza unha saída Especial a Corcoesto. A ruta sairá ás 10:00h de Santa Mariña, Cabana, e en parte do percorrido, uniranse, membros da “Plataforma contra a mina” de Corcoesto.
Roteiro circular polo Pindo
E tras telo que suspender o pasado sçabado por mor do tempo, a Asociación Monte Pindo Parque Natural fará este domingo 26 de maio o Roteiro Circular para non perderse. A saída, ás 10:00, do Pindo.
Ruta con Senda Nova
O domingo tamén terá lugar a estrea da "Via Alcaianus", ruta deseñada por Senda Nova, que percorrerá un posible tramo da vía romana Per Loca Marítima, logo aproveitado para a constitucion do camiño real. 20 quilómetros que parrtirán do Bosque do Añón (Carballo), pasando pola Ponte Lubiáns e atravesará a parroquia coristanquesa de Seavia de norte a sur. Enmarcada na IV Primavera en Ruta que comezou en marzo e á que lle quedan 3 rutas máis.
Novas relacionadas
- Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- De ruta en ruta polo litoral costeiro.
- O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- As Andainas invaden a Costa da Morte.
- Coa primavera comezan as citas co sendeirismo.
- 5 Andainas por Ponteceso, Muxía, Vimianzo, Corcubión e Camariñas para coñecer a Costa da Morte a través do sendeirismo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
Máis novas
- Os Camiños do Mar lévannos a Ponteceso.
- Xeocaching: En busca do tesouro agochado.
- Facendo cumio do Roteiro das Peixeiras do Monte Pindo.
- Roteiros homologados na Costa da Morte?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).