Avanzan as obras de rehabilitación do local social da parroquia de O Esto
09:28 18/10/23
Avanzan a bo ritmo os traballos enmarcados no proxecto de rehabilitación do local social de O Esto, para que poida ser empregado pola veciñanza da parroquia para a realización de diferentes actividades. Unhas 77 persoas poderán disfrutar das actividades municipais ou asociativas.
Os traballos, que contan cun orzamento de 50.000€, son a reforma de acabados; pavimentos; revestimentos e carpinterías, e instalacións, tanto a fontanería como a fotovoltaica, conservando a distribución existente na actualidade na súa totalidade, para finalmente cubrir con tella do país a cuberta do edificio, a cal na actualidade é de placas de fibrocemento.