Búscanse parellas para a Voda Medieval de Rioboo
Outra das grandes festas que a Costa da Morte recupera este verán é a ‘Tarde - Noite no Medievo’ de Rioboo (Cabana). O 6 de agosto a parroquia cabanesa vivirá a XIII edición dunha festa tremendamente singular, cunha marea de actividades entre as que destacan as ‘Prevodas Medievais’ de Riobó.
E para iso, cómpre ter novi@s. Por iso o Concello busca parellas que se animen a participar nesta tradiciona celebración (oficiosa, sen validez oficia) para darse o ‘Sí quero’ ataviadas acordes á estética medieval, con traxes de labregos, embelecidos con coroas e ramos de flores silvestres ou demais elementos ornamentais desta índole.
As parellas que desexen comprometerse neste convite xa poden realizar a súa inscrición no departamento de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños, ou ben chamando ao 981 754 020 ou ao 626 907 363.