Cabana acolleu a final da copa galega de baloncesto en cadeira de rodas

Non eran membros de Íntegro os xogadores, pero toda a familia da entidade cabanesa estiveron presentes este sábado no Pavillón da Carballa, en Cabana, para acodir a gran final da Copa Galega de baloncesto en cadeira de rodas. Unha final para visibilizar ás persoas con diversidade funcional, e de aí que Íntegro apostara por apoiar unha iniciativa do deporte minoritario e a dous clubs que acumulan incontables recoñecementos a nivel nacional e europeo pero que se atopan con grandes dificultades para a súa supervivencia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).