Venres. 26.04.2024
El tiempo

Íntegro convirte o CEIP de Buño nunha Diversiescola

Íntegro convirte o CEIP de Buño nunha Diversiescola
Alumnos de Buno xogando ao domino sen ver-Foto-Integro

Fantásticos, e non cansamos de repetilo, os achegamentos que Íntegro fai da súa realidade polas escolas da bisbarra. Xa pasou por Muxía e esta mañá de martes 2 de abril de 2014, unha expedición da entidade cabanesa desprazouse ata o CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño, para levar o proxecto “Diversiescola” ó alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria do centro.

En total 25 nenas e nenos e 3 docentes atenderon ás explicacións e experiencias da educadora social de Íntegro, María Paz, e de Lorena Taibo, estudante en prácticas do ciclo de animación sociocultural. Ambas fixeron unha sesión de contacontos na que se leu e proxectou “A Verdadeira historia do Patiño Diverso”.
Unha lectura que serviu para abrir o debate, e o alumnado púxose a falar e reflexionar sobre diversidade funcional (discapacidade) e de como algunhas persoas necesitan adaptar determinados recursos para poder funcionar na sociedade.

Falaron sobre o uso de cadeiras de rodas para os desprazamentos, de como as persoas con dificultades visuais utilizan o sentido do oído para orientarse e do tacto para ler e todo iso fíxose propoñéndolles xogos, así, probaron a xogar cos ollos vendados cun dominó de diversas texturas, intentaron encher vasos de auga tamén cos ollos vendados, que foi substituída por confeti para que non se mollaran e probaron a desprazarse pola aula na cadeira, que se ben non era a máis adecuada para a súa estatura, si lles permitiu comprobar que hai outros xeitos de funcionar e de desprazarse.

Con esta vivencia, a Asociación Íntegro pretende normalizar e visibilizar entre a poboación máis pequena á diversidade funcional; aproximar a idade temprana que hai persoas que funcionan de forma diversa e que non son especiais nin diferentes contribúe a que se normalice a súa participación social e non se vaian construíndo falsas concepcións do que supón ter unha diversidade.

Os cativos do CEIP de BUno viviron a diversidade en primeira persoa-Foto-Integro

Novas relacionads

Fonte

  • Información e fotos achegadas por Íntegro.

Comentarios