Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cabana organiza, como primeira acción presencial, unha charla sobre saúde e hixiene

cabana-cabanacoidate-30maio
Cabana organiza, como primeira acción presencial, unha charla sobre saúde e hixiene

A xuventude que se está a formar no Curso de Monitor de ocio e tempo libre desde o pasado outono será o asistente á primeira actividade presencial organizada polo Concello de Cabana.

A sesión, que será este vindeiro sábado 30 de maio, será unha charla sobre saúde e hixiene destinada a persoas que traballen nos ámbitos do ocio, o tempo libre e o voluntariado.

A formación será impartida por profesionais da saúde e do ocio e tempo libre co fin de achegar as medidas de hixiene que serán necesarias para traballar nestas áreas a partir de agora. Entre os asistentes estará.
A actividade baixo o título ‘Cabana Cóidate’ terá lugar no Auditorio Municipal de Cabana cun aforo limitado. Só se poderá acudir con convite para facilitar o cumprimento das normas de seguridade para evitar a propagación do coronavirus.

Comentarios