Cabana recibe o verán cun completo programa de actividades
08:05 04/07/18
Chega con forza o verán a Cabana de Bergantiños. O concello vén de publicar o programa de actividades que arrincou a pasada fin de semana cun congreso sobre a ataxia, un enfermidade relacionada coa Costa da Morte. Ao logo destes días, ata o 11, continúa aberta una exposición sobre dita doenza no centro social de Neaño onde tamén se desenvolven os obradoiros de ciencia.
Durante todo o mes de xullo os nenos e nenas de 4 a 12 anos poden participar no programa meniñeiro-conciliación que se realiza entre as 10:00 e as 14:00 horas. Tamén será estes días, do 6 ao 9 de xullo, a viaxe de irmanamento a Traize-Sptiers, en Francia. A praza de Neaño acolle este domingo, día 8, un festival de baile tradicional no que participara o grupo Inllar.
As visitas teatralizadas ao Dolmen de Dombate volven todos os sábado de xullo e agosto da man de Os Quinquilláns que farán o seu espectáculo "No tempo das pedras". Haberá dúas sesións, unha as 18:00 e outra ás 19:30 horas. As romarías tamén serán as protagonistas dos meses de xullo e de agosto, coa do Carmen do Briño (18 de xullo), Santa Mariña de Corcoesto (21 de xullo), San Fins do Castro (1 de agosto), entre outras. No verán tamén haberá tempo para o cine ao aire libre nas distintas parroquias do concellos.
Dentro da programación de verán de Cabana tampouco podía faltar a festa do Castro Animado (28 de xullo), a ruta das estrelas con Jorge Mira (10 de agosto), a festa do Medievo en Riobóo (11 de agosto) e este ano, como novidade un concerto con aforto limitado en Dombate con Carlos Núñez (13 de agosto).
Visitas en Dombate
Alumnos visitando o Dolmen de Dombate e o Castro Borneiro no marco do Programa de Prehistoria para escolares Durante os meses de maio e xuño foron máis de 6.000 as persoas que visitaron o Dolmen de Dombate, o 75% dentro da campaña de Obradoiros de Prehistoria para escolares.Agora, co mes de xullo chega un cambio de horario de apertura (Entrada libre e de balde: Abre tódolos días de 9:00 a 21:00 (O acceso restrínxese 15 minutos antes do peche) e de visitas teatralizadas:
- Xullo: sábados 7, 14, 21 e 28 ás 18:00 e ás 19:30 horas
- Agosto: sábados 4, 18 e 25 ás 18:00 e ás 19:30 horas
- Tamén se ofertarán visitas nocturas os venres 13 e 27 de xullo e 3 e 17 de agosto.
- O verán chega a Corcubión con moita actividade deportiva
- Malpica prepara un verán moi deportivo
- O patrimonio e a arqueoloxía reviven en Vimianzo
- Chega a Zas e a Muxía un verán cheo de actividades
- Chega a Santa Comba un verán cargado de actividades
- O A.C. Baloncesto Costa da Morte ofrece novos cursos para este verán
- Dumbría abre o prazo para anotarse no programa de actividades do verán
- Carnota prepárase para un verán cargado de actividades
- Redacción QPC ([email protected])