Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Un cabanés une Fisterra e Tarifa no seu Seat 800

Eloi Farina a bordo do seu Seat 800 por Doncos
Eloi Fariña a bordo do seu Seat 800 por Doncos
Un cabanés une Fisterra e Tarifa no seu Seat 800

Fermosa experiencia a que está a vivir Eloi Fariña a bordo do seu Seat 800. Estes días embárcase nunha longa viaxe pola península, a bordo do seu Seat 600, para participar na XXIII Concentración Nacional Seat 600 Sevilla. A capital andaluza acolle estes 1, 2 e 3 de novembro esta cita non competitiva, que serve para que amantes dos coches clásicos pasen uns días compartindo unha das súas paixóns.

Este veciño cabanés aproveita as súas vacacións para, ademais de romper o lombo, gozar de cada quilómetro a bordo deste Seat 800 do (un 600 de 4 portas) do ano 65. Unha verdadeira reliquia.

O SEAT 800 de Eloi Farina en Fisterra
O SEAT 800 de Eloi Fariña onte en Fisterra

A idea de Eloi Fariña é unir Fisterra e Tarifa. Saía este pasado luns de Fisterra, e fixo 390km ata Astorga. Todo pola Nacional VI. Irá, pola Vía da Plata ata Tarifa entre onte e hoxe, para asitir á concentración en Sevilla, e volverá pola N2 de Portugal. 2.400km de sabrosa aventura.

Solpor por Castilla co Seat 800
Solpor por Castilla co Seat 800

Na xornada o martes o pequeno seat percorreu como un titán uns 370 km, pasando por La Bañeza, Benavente, Salamanca, Guijuelo, ata facer durmida en Plasencia. Xa no último treito colleulle moita auga, pero Fariña espera que a cousa non se complique como polo levante.

O SEAT 800 facendo a volta a espana

O SEAT 800 de Eloi Farina facendo a volta a espana

Comentarios