Calendario de visitas da Unidade Móbil do DNI aos Concellos da Costa da Morte

14:19 26/02/18

Os trámites “burrocráticos”… eses eternos compañeiros que non fan máis que entorpecer a vida cotiá. O do DNI é un deses trámites que temos que saber xestionar, máis nesta comarca onde só temos unha oficina fixa, a de Carballo. Ata ela se achegaron a tramitalo 8.600 veciños de toda a Costa da Morte, nos primeiros 9 meses de vida. E ata ela poden seguir facéndoo pedindo cita previa.
Pero tamén poden esperar a que chegue a Unidade Móbil, por iso traemos o calendario de visitas á nosa bisbarra, concello a concello, despois de falarmos coas comisaría da Coruña e de Santiago.
Lembren que teñen que apuntarse no seu Concello para reservar praza.
Visitas da Unidade da Coruña
- Coristanco: 29 e 30 de maio.
- Muxía: 4 e 5 de xullo (que alterna cada 6 meses coa visita a Camariñas).
- Malpica: 31 de maio e 1 de xuño (que alterna cada 6 meses cos concellos de Cabana, e Laxe).
- Ponteceso: 4, 5 e 6 de xuño (que alterna cada 6 meses cos concellos de Cabana, e Laxe).
- Vimianzo: 28, 29 de xuño e 2 e 3 de xullo.
Visitas da Unidade de Santiago
- Cee (ao que están adheridos os concellos Corcubión, Dumbría e Fisterra): do 5 ao 9 de abril; do 21 ao 23 de maio; do 22 ao 26 de xuño; do 5 ao 9 de outubro; e do 16 ao 20 de novembro.
- Mazaricos: do 7 ao 9 de maio; do 19 ao 21 de xuño; do 19 ao 23 de outubro.
- Muros (ao que está adherido o concello de Carnota): do 21 ao 23 de marzo; do 24 ao 28 de maii; do 16 ao 18 de outubro.
- Santa Comba (ao que está adherido o Concello do Val do Dubra).
- Zas: do 2 ao 6 de marzo; e 29 de novembro e 3 de decembro.
Novas relacionadas
- Unha unidade móbil do DNI volve a Zas tras 10 anos.
- 27-12-17: 8.600 veciños de toda a Costa da Morte tramitaron o seu DNI dende Carballo.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)