Caolines de Vimianzo levanta a veda mineira na comarca de Bergantiños
14:09 05/12/18
Proxecto Jorge Reyes de Mineria en Laxe por Caolines de Vimianzo
Pasou a calma mineira na Costa da Morte. Segundo sinala a Asociación Petón do Lobo, e empresa Caolines de Vimianzo vén de solicitar autorización para investigar en Laxe 12 cuadrículas mineiras, correspondentes aos e Don Sebastián nº 7147, para os recursos de caolín e mica.
Así, tralo acordo entre o alcalde socialista José Manuel Mouzo Castiñeira, a Cámara Mineira e a empresa Caolines de Vimianzo (CAVISA) (un acordo que parecía referirse á recuperación patrimonia da historia mineira da zona) publicáse no DOG do 04/12/2018 a apertura dun período de alegacións ata o vindeiro 17 de xaneiro, para que as persoas afectas poidan alegar o que estimen convinte, aos permisos de investigación mineira solicitados por Caolines de Vimianzo, S.A.U nos concellos de Laxe, Cabana e Zas.