![]()
Novos datos do paro eran presentados esta mañá. E as cifras amosan unha Desaceleración na creación de emprego, provocada en parte porque a Semana Santa foi o pasado mes de marzo.
De feito, o “sector turístico" e a hostelería non son quen de manter o emprego creado en Marzo. Agardemos a ver as contratacións do sector público de cara a campaña de verán este mes.
Así, por exemplo, Muros, Corcubión, Fisterra e Ponteceso perderon en abril todo o emprego creado dende febreiro.
Muxía e Camariñas manteñen o gañado e Cabana, Carnota, Cee, Coristanco, Dumbria, Santa Comba ou Zas melloran resultados.
Un dos datos máis impactantes é o seguinte:
Dos 100 novos empregos creados este mes, 39 foron só en Carballo (40%) e outros 24 en Santa Comba. Así que os demais concellos só foron quen de crear 33 postos de traballo en total en abril.