Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Catro vodas na Noite no Medievo de Rioboo

CABANA - RIOBÓ 2023
Catro vodas na Noite no Medievo de Rioboo

A fermosa aldea cabanesa de Rioboo ultima os preparativos para acoller este sábado o agardado regreso da Tarde Noite no Medievo, un dos eventos máis singulares da comarca que este ano cumpre a súa décimo cuarta edición.

A xornada dará comezo a partir das 18:00 horas da tarde cunha andaina á Torre da Penela, onde se levará a cabo a escenificación do espectáculo “Terra de Raíñas”.
En Riobó, tamén desde as 18:00 horas as persoas asistentes poderán gozar de paseos a cabalo, xogos tradicionais, degustacións, espectáculos de maxia con Iago Espasandín e exposicións artesanais, amenizado co acompañamento musical
de agrupacións como O Son do Castro, Os Farrapos, Os Enxebres de Cabana, Maruxía de Laxe, Os Repichocos, Son de Cabana e As Cantareiras de Riobó.
Ás 19:00 dará comezo o espectáculo de baile a cargo do grupo de danza tradicional Inllar e unha hora máis tarde, ás 20:00, o
cabanés Eloy Mato será o responsable da lectura do pregón antes de que as catro parellas inscritas poidan darse o “sí quero”
nas prevodas medievais, programadas para as 20:15.

Unha vez finalizadas as nupcias darase paso ao convite da pitanza do Santo e ás 20:45 horas a música será a protagonista coas actuacións de O Son do Castro, Os Farrapos, Os Enxebres de Cabana e Maruxía de Laxe.
Pola noite o fin de festa estará amenizado baixo o ritmo de Festicultores Troupe e a Banda da Balbina.
 

Comentarios