Corcoesto acolle a presentación dun libro sobre a minaría de ouro
10:10 16/04/24
Este sábado, 20 de abril, ás 17 horas, o local social de Cures, en Corcoesto, acolle a presentación do libro: "A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes da Galiza", do xeólogo Óscar Pazos.
Chega a un lugar emblemático como Corcoesto, que viviu unha loita social arredor da megaminaría de ouro, este libro que explica o contexto xeomineiro e histórico deste ciclo mineiro, e algunhas curiosidades e problemas específicos da investigación desta minaría en Corcoesto e da banda de cisalla de Santa Comba-Valdoviñona que se inscribe.