MULLERES
Corcoesto empodera a súa memoria homenaxeando ás súas mulleres sobranceiras

13:05 08/02/19
As entidades asociacitivas da parroquia cabanesa de Corcoesto prepara unha emotiva cita para este sábado 9 de marzo. Ás 16 horas, o local social de Cures acollerá unha homenaxe ás súas mulleres máis sobranceiras que fixeron país, cunha mesa redonda veciñal e a instalación dunha placa na súa memoria.
Entre as homenaxeadas están:
- Sara Andrade, a muller de Corcoesto, titiriteira e artista, detrás dun dos teatros Barrigas Verdes de primeiros do século XX.
- Luisa de Lanzós, a muller que se enfrontou ao mosteiro de San Martiño de Santiago, para reivindicar o lugar de Cardezo como seu, na parroquia de Corcoesto.
- Tres mulleres de Corcoesto que desafiaron o poder do clero a principios do século XX: Josefa, Dolores Martínez Calvo e Concepción Calvo Amoedo.
- María do Vilar, gaitera de sona, no Corcoesto do ano 1767.
- Luisa e Isabel Ramona, as irmás de Corcoesto que loitaron a finais do século XIX pola redención dos foros.
- Rosa de Corcoesto: a muller que cautivou ao bardo Pondal, transgresora, emprendedora e feminista.
- As fillas de Rosa: madriña Antonia.
- Manuela Cotelo, a muller que naceu en Sevilla e decidiu vivir en Corcoesto, cos seus avós.