A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes

Imaxes das obras de instalación do parque eólico de Mouriños-Fotos: P.F.

”Non é posible atopar un nome para a desfeita que fixeron”. Así de rotundo se amosa Ramón Varela, da plataforma Salvemos Cabana, ante as obras de execución do Parque Eólico de Mouriños. Un proxecto que nacía entre a polémica, e que necesitou das presas da Xunta para sacalo adiante a pesar das innumerables alegacións presentadas pola cidadanía.

Entidades como a propia Salvemos Cabana, Sociedade Galega de Historia Natural ( SGHN), Petón do Lobo, Arco Iris, ADEGA… ou partidos políticos como En Marea ou Equo, presentaron ducias de alegacións apenas conseguindo a conservación do Pico de Sinde, a xoia da Serra do Gontón. Pero a realidade é que o resto da zona queda absolutamente debastada polas obras desta subcontrata de Naturgy, coa connivencia da Xunta e do Concello cabanés. “De que serve unha Consellería de Medio Ambiente se incapaz de protexer a natureza e integridade do territorio?”, pregúntase Salvemos Cabana.

A instalación ten arrasado cun piñeiral de alto valor ecolóxico coas pistas ou a propia instalación do viravento de gran tamaño, como vemos nestas imaxes de P.F.:

Novas relacionadas

Outros artigos eólicos