A Xunta aproba o parque eólico de Mouriños a pesar de contar con máis de cen alegacións


O proceso de tramitación fragmentada para evitar trabas medioambientais, o impacto sobre o esteiro do Anllóns e unha ave protexida, unha polémica liña de evacuación, o baixo canon que recibirán os Concellos afectados, ou os dous elementos arqueolóxicos catalogados afectados, non foron razóns suficientes para que a Xunta axilice a aprobación do parque eólico Mouriños.
O parque promovido por Renovables Aragón, S.L.U. (filial de Endesa), que afecta ao Concello de Cabana e tamén ao de Zas, xa conta coa autorización administrativa previa e de construción, aproveitando a polémica Lei de fomento da implantacións de iniciativas empresariais en Galicia, chamada por moitos colectivos sociais como Lei de depredación de Galicia.
Todo a pesar das máis de cen alegacións presentadas por veciños, asociacións ecoloxistas, patrimoniais e mesmo doutra compañía eléctrica, e de que a Unión Europea estea investigando a posible frangmentación do que podería ser un só proxecto industrial, o que formarían os parques de Mouriños e de Catasol II, en Laxe.
As costeiras Salvemos Cabana, Asociación Autonómica Cultural e Ambiental Petón do Lobo, Asociación Ambiental Cova Crea, Asociación Amigos e Amigas dos Bosques «O Ouriol do Anllóns» teñen presentado as súas alegacións, así como a Sociedade Galega de Historia Natural, Asociación ecoloxista Verdegaia, ADEGA ou o Partido Ecoloxista Equo Galicia.
Tamén os partidos de En Marea ou o BNG denunciaron a execución deste proxecto e aseguraron que este é "o exemplo perfecto dun modelo pensado para beneficio das grandes eléctricas, alleo ao desenvolvemento económico local, mesmo contraproducente, que non pagará nin un euro de canon eólico”.

Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-parque-eolico-de-mourinos-pon-en-risco-o-turismo-sostible/ https://quepasanacosta.gal/novas-e-cruas-criticas-a-afectacion-ambiental-do-proxecto-eolico-de-mourinos-e-a-actuacion-ao-respecto-do-alcalde-cabanes/- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Agosto 17: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.