Novas e crúas críticas á afectación ambiental do proxecto eólico de Mouriños e a actuación ao respecto do alcalde cabanés

13:22 16/08/18

Acción do alcalde de Cabana
Varias entidades cabanesas, Petón do Lobo e as súas colaboradoras, critican hoxe que o alcalde cabanés encargara dous informes técnicos, con cartos de todas as veciñas e veciños, para apoiar o proxecto eólico de Fenosa Wind. Uns informes encargados para intentar solventa os obstáculos de afección ao patrimonio cultural, arqueolóxico e paisaxístico. Unha vez salvados, gracias en parte pola “falta de obxectidade dos informes aportados polo concello cabanés”, parece que o proxecto prosperará no Alto da Fernandiña. Non entenden ademais a posición do alcalde, pois o proxecto terá só 3 eólicos (despois de dous anos de alegacións), e non os 4 inicialmente previstos, polo que o municipio cabanés non percibirá diñeiro algún en concepto de canon eólico."A Declaración de Impacto Ambiental é un puro escándalo! A Serra do Gontón queda ferida de morte"

Mirador con banda sonora
Outro dos puntos que critica a Plataforma é a “vergoñenta utilización da Axencia de Turismo de Galicia, pois o plan inclúe unha limpeza de cara obrigando a empresa a realizar unha campaña de divulgación dos valores naturais da zona, en coordinación coa Xunta. Ademais, parece “de ciencia ficción”, o acondicionamento do miradoiro da Fernandiña, xusto embaixo dun dos viraventos, cando o lugar terá un nivel de potencia sonora de 110 decibeis, sendo 120 o límite humano onde comeza o risco de xordeira.Críticas de En Marea
Ao Grupo de En Marea volve criticar o proxecto, sinalando que "o parque de Mouriños é o exemplo perfecto dun modelo pensado para beneficio das grandes eléctricas, alleo ao desenvolvemento económico local, mesmo contraproducente, que non pagará nin un euro de canon eólico, dentro dun país que acaba pagando a factura da luz máis cara do Estado. Pero este proxecto creará pouco emprego na zona, e básicamente na fase de construcción, casi nada ou nada na de explotación, 1 ou 2 traballadores como moito, e non deixará nin un euro nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas ao constar de 3 aeroxeneradores, o que fai que esté exento de pagar o canon eólico". Critican tamén a chamada "Lei de Depravación de Galicia", gracias á cal "a declaración de utilidade pública outorgada sistemáticamente por riba doutros usos, como o agrario, forestal ou turístico, e a declaración de proxecto de especial interese, que acurta os prazos á metade, son dous instrumentos que favorecen ás grandes empresas que se adican á producción eólica, e impeden a defensa dos intereses da maioría. Este proxecto insiste no modelo eólico desenvolto nas últimas décadas en Galiza. Onde voan os beneficios producidos polo vento, non serve para dinamizar a economía do rural e onde prevalece o descoido ambiental e paisaxístico. As empresas aproveitan a normativa aprobada polos gobernos autonómico e estatal para facer un gran negocio que pouco ou nada deixa na economía local."Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/un-centenar-de-persoas-acoden-a-creacion-da-plataforma-contra-a-implantacion-dos-parques-eolicos-campelo-bustelo-monte-toural/ https://quepasanacosta.gal/denuncian-que-o-parque-eolico-de-laxe-apenas-tera-repercusion-economica-na-comarca-xerando-so-15-postos-de-traballo/ https://quepasanacosta.gal/contraminate-inicia-un-recurso-contencioso-administrativo-contra-o-parque-eolico-de-laxe/Artigos relacionados
- O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo.
- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
Novas eólicas
- 19-07-18: Sae a exposición pública o Parque Monte Toural, a terceira parte do megaproxecto eólico que afecta a Carballo, Coristanco e Santa Comba.
- 17-07-18: O BNG de Coristanco alega e informa sobre os novos proxectos eólicos.
- 10-07-18: ADEGA denuncia a tramitación fraudulenta e a ameaza á flora endémica dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural.
- 09-07-18: O BNG de Coristanco enfróntanse aos tres novos parques eólicos que invadirán a comarca.
- Xullo 18: Denuncian o comezo das obras do Parque Eólico de Laxe antes de obter a licenza.
- Xuño 18: O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo.
- Xuño 18: Os 22 elementos patrimoniais que afectan, pero non impiden, o Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol.
- Abril 18: Tres novos parques eólicos da comarca declarados “interese especial”.
- Abril 18: Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme.
- 15-02-18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte
- 09-02-18: Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca.
- 05-02-18: Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia.
- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 17: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 17: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Setembro 16: Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
- 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- 2011: Aprobado o parque eólico no Alto da Croa.
Máis novas
- Historia da Enerxía Eólica na Costa da Morte: Pioneiros en todo.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).