A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes

”Non é posible atopar un nome para a desfeita que fixeron”. Así de rotundo se amosa Ramón Varela, da plataforma Salvemos Cabana, ante as obras de execución do Parque Eólico de Mouriños. Un proxecto que nacía entre a polémica, e que necesitou das presas da Xunta para sacalo adiante a pesar das innumerables alegacións presentadas pola cidadanía.
Entidades como a propia Salvemos Cabana, Sociedade Galega de Historia Natural ( SGHN), Petón do Lobo, Arco Iris, ADEGA… ou partidos políticos como En Marea ou Equo, presentaron ducias de alegacións apenas conseguindo a conservación do Pico de Sinde, a xoia da Serra do Gontón. Pero a realidade é que o resto da zona queda absolutamente debastada polas obras desta subcontrata de Naturgy, coa connivencia da Xunta e do Concello cabanés. “De que serve unha Consellería de Medio Ambiente se incapaz de protexer a natureza e integridade do territorio?”, pregúntase Salvemos Cabana.
A instalación ten arrasado cun piñeiral de alto valor ecolóxico coas pistas ou a propia instalación do viravento de gran tamaño, como vemos nestas imaxes de P.F.:
Novas relacionadas
- Outubro 18: A Xunta aproba o parque eólico de Mouriños a pesar de contar con máis de cen alegacións.
- Agosto 18: O parque eólico de Mouriños pon en risco o turismo sostible.
- Agosto 18: Novas e crúas críticas á afectación ambiental do proxecto eólico de Mouriños e a actuación ao respecto do alcalde cabanés.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.