venres. 06.06.2025
El tiempo

Deteñen a dous homes de Camariñas e Vimianzo con 400 doses de marihuana no seu coche

Deteñen a dous homes de Camariñas e Vimianzo con 400 doses de marihuana no seu coche

Axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Corcubión, no transcurso dun servizo de control do tráfico realizado onte na estrada AC-552, ao seu paso por Cabana de Bergantiños, deron o alto a un turismo no que viaxaban dous homes, de 33 e 24 anos, veciños de Vimianzo e Camariñas, respectivamente. Tras requirir aos ocupantes para que se apeasen do coche, os gardas efectuaron un rexistro superficial do interior do mesmo e lograron incautarse dunhas 400 doses de marihuana.

Tanto os detidos, aos que se lles imputa un delito contra a saúde pública, como a droga intervida foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número Dous de Carballo.

Investigan a unha muller por malos tratos animais en Outes

Axentes da Garda Civil de Noia, adscritos ao SEPRONA, investigan a unha veciña da localidade de Outes por un suposto delito de malos tratos animais (abandono) polo lamentable estado no que se atopa un can da súa propiedade. O animal, un cruzamento de mastín, de entre un cinco ou seis anos, presenta unha enfermidade contaxiosa diagnosticada como Sarna Sarcóptica, ademais, a parte de que está extremadamente desnutrido, está cheo de garrapatas e presenta lesións dérmicas por todo o corpo, segundo reza no informe veterinario. Segundo o mesmo informe, estas lesións e cadro sintomático “menoscaban gravemente a vida e saúde do animal”.Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Uno de Muros.

Fonte

  • Garda Civil.

Comentarios