Luns. 07.10.2024
El tiempo

Detido por intentar roubar na Igrexa de Cesullas

Detido por intentar roubar na Igrexa de Cesullas
Igrexa de Cesullas-Cabana

Xa non é a primeira vez que o vemos. I é que o roubo en igrexas case que parece unha práctica habitual contra a que ademais, hai interese por evitala?, como se pregunta Lema Suárez. O caso é que desta volta un veciño de Cabana, de 33 anos, foi detido pola Garda Civil como suposto autor dun delito de roubo con forza ocorrido na Igrexa de Cesullas.

Ao parecer, o agora imputado subtraeu varios obxectos do interior do templo, algúns dos cales foron recuperados polos gardas.
Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Carballo.

Dous detidos máis en Bergantiños

Paralelamente, axentes da Garda Civil de Carballo detiveron onte a dous individuos como supostos autores de senllos delitos contra o patrimonio ocorridos na comarca. Ao primeiro dos detidos, un mozo de nacionalidade colombiana, de 21 anos, veciño de Culleredo, impútaselle un roubo cometido en un supermercado da localidade larachesa de Caión. Os feitos remóntanse ao mes de agosto de 2010 e tras fracturar a porta de entrada, ao citado establecemento, subtraeu diversos efectos do seu interior.

O segundo dos detidos, outro mozo, veciño de Carballo, impútaselle un roubo con violencia ocorrido nun domicilio da localidade, ao que supuestamente accedeu e, tras intimidar cun coitelo ao seu moradora, logrou subtraer diversos efectos.

Novas relacionadas

Fonte

  • GC.

Comentarios