Liberan unha persoa atrapada tras un aparatoso accidente entre Neaño e a Carballa

20:21 15/06/24
Unha persoa tivo que ser excarcerada tras sufrir unha saída da vía na AC-429, nas Rebuiras, en Cabana de Bergantiños, entre Neaño e a Carballa.
A chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia apenas uns minutos despois das cinco desta tarde permitiu activar un operativo de rescate.
Así, mobilizáronse os Bombeiros de Carballo e os membros do GES de Ponteceso, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acodiron a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Deste xeito, os equipos de emerxencias liberaron o único ferido neste accidente para que puidese ser atendido polos sanitarios.
