Música clásica en directo no Dolmen de Dombate

O Dolmen de Dombate será o escenario do concerto do dúo Alfonso e Hugo Franco o vindeiro venres 31 de xullo dentro do ciclo Música na Catedral. O programa leva ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate concertos de música clásica de pequeno formato nun escenario único polo seu valor patrimonial.
A Deputación da Coruña e Concello de Cabana fan especial fincapé no cumprimento dos protocolos para a prevención da Covid19 e a protección do patrimonio. Deste xeito, o aforo dos concertos no pavillón do Dolmen é limitado, é imprescindible a reserva previa, todos os asistentes deben acudir con máscara e sentar no lugar que lle asignen á entrada do recinto.
Os concertos no Dolmen de Dombate son un elemento integrador do patrimonio, a cultura e o turismo. Música na catedral aposta por unha programación que inclúe artistas da Costa da Morte para reforzar o compromiso coa escena local. Así mesmo, o ciclo de concertos orixinouse coma unha homenaxe a Beethoven no 250 aniversario do seu nacemento.
O aforo para o concerto de Alfonso e Hugo Franco é moi limitado, polo que se farán dous pases, un ás 22h, e outro ás 23h. É imprescindible reservar praza a través do correo dombate2020@gmail.com, indicando nome e teléfono de contacto dos asistentes.
Alberto e Hugo Franco interpretarán o seguinte repertorio no pavillón do Dolmen de Dombate:
- Cantatas J.S.Bach
- Lascia G.F. Haendel
- Saba G.F.Haendel
- Minuet L.Bocherinni
- Madrid L.Bocherinni
- Si Beg Si T.O’Carolan
- Stocklight J.S.Skinne