Novas xornadas de concienciación ambiental con limpezas das praias de Cabana e Baldaio
15:31 09/10/23
Esta fin de semana, máis de 70 persoas colaboraron nunha xornada de limpeza de praias organizada por limpOcean coa colaboración do Concello de Cabana. Máis de 658 quilogramos de lixo foron recollidos e non contaminarán máis estes enclaves únicos do esteiro do Anllóns.
Nova limpeza en Baldaio
As praias carballesas de Baldaio e Razo converteranse, esta maña de martes, no escenario dunha nova xornada de voluntariado medioambiental dedicada á retirada de refugallos mariños no marco do programa PLANCTON impulsado pola Obra Social de ABANCA.
Nesta ocasión, o equipo de persoas voluntarias que tomarán parte da actividade estará integrado por estudantes e docentes do Centro de Formación Profesional Afundación de A Coruña.