Novo vehículo adaptado para a Asociación Íntegro
11 de maio de 2011 (09:15 h.)
A Deputación da Coruña destinará 33.974,56 euros para a adquisición dun vehículo adaptado para a Asociación Integro. Así se estipula no convenio subscrito a pasada mañá, na sede da institución provincial, polo titular da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o presidente da entidade, Adolfo López Baña, nun acto que contou tamén coa asistencia do deputado responsable da área de Benestar Social, Xoán Manuel Sande Muñiz.
A achega provincial representa o 80% do importe total da compra do vehículo, que ascende a 42.468,20 euros. O vehículo conta con rampla eléctrica e butacas giratorias, para facilitar o transporte de persoas con diversidade funcional.
Novas relacionadas
- Os usuarios de Íntegro convírtense en oficinistas.
- Os usuarios da Asociación Íntegro fórmanse en Novas Tecnoloxías.
- Íntegro mellora as súás instalacións, acolle máis usuarios e precisa un novo vehículo adaptado.
- A Asociación Íntegro foi premiada pola FECOM.
Fonte
- Nota de prensa de COGAMi.