Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os usuarios de Íntegro convírtense en oficinistas

Os usuarios de Íntegro convírtense en oficinistas

O mércores día 13 de abril, ás 9:00 horas, nas instalacións da asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños (Estrada Coruña-Fisterra, km.52) a Asociación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia un novo curso de empregado de oficina que vai formar a 15 persoas con discapacidade desempregadas da zona.

Este curso denomínase como AFD (Accións Formativas dirixidas principalmente a desempregados) e está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Os 15 alumnos están inscritos no Servizo Público de Emprego e son usuarios do Servizo de Intermediación Laboral (Sil) de COGAMI. A acción formativa vai contar con 808 horas de duración e se vai impartir de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas, co que rematará o 3 de novembro.

Este curso de empregado de oficina está dentro dos novos certificados de profesionalidade de nivel de cualificación profesional 1, é dicir, non fai falta que o alumnado estea en posesión dunha cualificación específica para poder acceder ao mesmo.

Consta de 4 módulos, un deles vai ser de 80 horas prácticas en empresas do sector e o resto constarán de teoría e prácticas no centro onde se imparte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de COGAMi.

Comentarios