martes. 13.05.2025
El tiempo

Novo vehículo adaptado para a Asociación Íntegro

Novo vehículo adaptado para a Asociación Íntegro

A Deputación da Coruña destinará 33.974,56 euros para a adquisición dun vehículo adaptado para a Asociación Integro. Así se estipula no convenio subscrito a pasada mañá, na sede da institución provincial, polo titular da Deputación, Salvador Fernández Moreda, e o presidente da entidade, Adolfo López Baña, nun acto que contou tamén coa asistencia do deputado responsable da área de Benestar Social, Xoán Manuel Sande Muñiz.

A achega provincial representa o 80% do importe total da compra do vehículo, que ascende a 42.468,20 euros. O vehículo conta con rampla eléctrica e butacas giratorias, para facilitar o transporte de persoas con diversidade funcional.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de COGAMi.

Comentarios