Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os usuarios da Asociación Íntegro fórmanse en Novas Tecnoloxías

Os usuarios da Asociación Íntegro fórmanse en Novas Tecnoloxías

O mundo TIC chega a todos os estratos da sociedade. E así o van comprobar as persoas con discapavidade de Bergantiños, que dende a Asociación Íntegro comezan cunhas clases de uso de móbiles de última xeración. Unha entidade que vén de ampliar as súas instalacións e aumentar o seu número de usuarios.

Hoxe luns día 28 de febreiro ás 10:00 horas inicia un curso de Uso das TIC na busca de emprego, nas instalacións que a Asociación Íntegro ten en Cabana de Bergantiños (Estrada Coruña-Fisterra, km 52 (A Pedra-Nantón), entidade que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

O curso, cunha duración de 30 horas lectivas que se impartirá o luns, mércores e venres de 10:00 a 14:00 horas, consiste en formar a persoas con discapacidade no uso das Tecnoloxías de Información Computerizadas (TIC) e TIC móbiles como ferramenta de busca de emprego, como portais de emprego e como web 2.0 e 3.0 e o emprego dos recentes terminais de telefonía móbil con acceso a Internet.

Obxectivos

O obxectivo do proxecto é o de potenciar as habilidades sociais e laborais, a actitude de cara ao emprego e a capacitación profesional das persoas con discapacidade grazas á formación no manexo dos móbiles de última xeración, que permiten tanto conectarse a internet, como xestionar o correo electrónico ou realizar trámites con certificado dixital, aumentando as posibilidades da inserción laboral nos/as usuarios do Servizo de Intermediación Laboral (SIL).

15 persoas con discapacidade son as que van formar parte desta iniciativa formativa, todas seleccionados da bolsa de emprego que manexa o (SIL) de COGAMI. Consta dun temario específico que se divide nos seguintes módulos: buscar traballo unha tarefa que evoluciona constantemente; ferramentas virtuais para a promoción persoal; introdución a redes sociais; tipoloxía das redes sociais e outras ferramentas 2.0 no proceso da busca de emprego; perfil profesional dun candidato e busca de emprego nas redes sociais; uso das TIC móbiles como ferramenta de busca de emprego.

O curso está subvencionado pola Fundación Vodafone e impárteo Cocemfe- Galicia (Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica), entidade da que forma parte COGAMI.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de COGAMi.

Comentarios