O alcalde de Cabana, investigado tamén por falsedade documental


Hai unhas semanas era levado ao cuartel da Garda Civil de Ponteceso para declarar por un suposto delito contra o patrimonio. Esta semana coñecemos que a Fiscalía está investigando ao alcalde de Cabana, José Muíño (PP), ademais do arquitecto municipal Enrique Vilar, por dous posibles delitos de falsedade documental e expropiación ilegal de fincas.
Unha denuncia dun particular a raíz das obras dunha senda peonil na zona de San Pedro de Corcoesto serviron para abrir o caso. A denuncia apunta que o proxecto de obras non incluía unhas afeccións que esixía a Deputación para financiar as obras. Alcalde e arquitecto elaborarían unha memoria sen reseñar este feito, algo que estudia agora a Fiscalía.
Así mesmo, tamén é investigado por posible “expropiación ilegal de fincas” por ocupar unha fincal cunha depuradora preto da reitoral de Redondo.
Novas relacionadas
- 23-03-18: Varias asociacións costeiras esixen a dimisión do alcalde de Cabana.
- 22-03-18: O alcalde de Cabana declara no cuartel de Ponteceso por un posible delito contra o patrimonio.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Economía Dixital.