xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Plan Único da Deputación, público a golpe de click

O Plan Único da Deputación, público a golpe de click
plan-unico-dos-concellos-pos-deputacion-coruna

”O que estamos facendo na Deputación é revolucionario”, dicíanos a semana pasada Xosé Regueira, focalizando as súas palabras no Plan Único dos Concellos POS+2017. Un plan que permite que os Concellos teñan máis autonomía, que se simplifiquen os trámites, e que permite acabar coa discrecionalidade política pois os Concellos saberán canto van percibir e poderán facer previsións de gastos.

Así, dende a pasada semana os concellos, e todos os veciños, saben cantos fondos van percibir cada Concello. A través do Portal de Transparencia da Deputación, calquera persoa interesada pode acceder ás bases do plan, aos datos económicos de distribución dos fondos por municipios e a unha presentación na que se explica, paso a paso, o funcionamento do Plan, as diferentes liñas de achegas económicas que inclúe e a qué se poden destinar os fondos de cada unha delas: pago a provedores, gasto corrente, amortización de débeda ou realización de obras e outros investimentos.

Tamén se informa aos municipios das 11 liñas de subvencións cuxos fondos se integran no Plan Único (entre elas as subvencións de deportes, cultura, turismo destinadas aos concellos)

A información inclúe ademáis os prazos de tramitación do POS+ 2017, que como todos os programas provinciais realizarase de forma telemática, a través da plataforma SUBTEL da Deputación. A presentación de solicitudes por parte dos concellos estará aberta ata o 24 de febreiro de 2017, a aprobación dos proxectos terá lugar no mes de xuño e a contratación ata o 30 de novembro de 2017, aínda que este prazo é prorrogable.

Lista de Achegas provinciais

Os Concellos da Costa recibirán arredor dos 14 millóns de euros.

ConcelloAchega Provincial 2017Achega Provincial 2016Préstamo 2017Total POS+ 2017
Cabana31.200192.150206.550710.950
Camariñas232.435143.000153.700527.238
Carballo888.143546.549587.5402.022.233
Carnota243.150149.639160.853553.634
Cee283.535174.483187.569645.587
Corcubión96.93559.65264.126220.713
Coristanco430.573264.968284.841980.383
Dumbría318.580196.049210.753725.382
Fisterra182.066112.041120.44414.552
Laxe182.779112.47912.915416.175
Malpica265.556163.419175.675604.651
Mazaricos449.029276.325297.0501.022.405
Muros330.880203.619218.890753.390
Muxía374.134230.236247.504851.875
Ponteceso344.480211.988227.887784.356
Santa Comba579.819356.811383.5721.320.203
Vimianzo508.184312.728336.1831.157.097
Zas401.437247.038265.566914.043
             

Máis información

A información está dispoñible nos seguintes enderezos web:

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios