Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Obradoiro de Xoiería Megalítica presenta as técnicas e os gustos artísticos na Prehistoria

Obradoiro de orfebreria megalitica en Cabana
O Obradoiro de Xoiería Megalítica presenta as técnicas e os gustos artísticos na Prehistoria

Esta pasada fin de semana, o Dolmen de Dombate e a Casa da Vela de Canduas convertiuse nun taller de orfebrería megalítica. Artesáns de toda Galicia inscribíronse nesta novedosa iniciativa formativa para coñecer as técnicas e os gustos artísticos na Prehistoria da Costa da Morte. O Obradoiro de Xoiería Megalítica citaba a 6 expertos con de 40 alumnos para achegarse ao significado, morfoloxía e elementos que compoñían os adornos corporais dos poboadores de Galicia hai 6.000 anos.

A primeira actividade tivo lugar na mañá do venres no centro escolar CPI As Revoltas, achegando esta arte ao alumnado do centro cabanés. Pola tarde, tocou visita ao triángulo da historia bergantiña, é dicir, o Dolmen de Dombate, o Castro da Cidade de Borneiro e as Torres de Allo.

Visitando DOmbate durante o obradoiro de xoeiria

Durante sábado e domingo desenvolvéronse as charlas e o taller de elaboración e presentación dunha xoia única e persoal para cada participante. Para iso, contaron con pedra, metais, materiais vexetais e animais (óso, etc.) e por suposto, o apoio da directora artística do curso, Yanet Ruiz, arquitecta, escultora e deseñadora de xoias, así como doutras personalidades como David Soengas, experto en cantería; Eduardo Navarro, experto en arqueoloxía e escultura, María del Pilar Gómez Caamaño (Marilá), experta en olería, Juan Ramón Vidal Romaní, experto en xeoloxía, Susana Llorente, experta en pintura e a xoieira Carla Alfaia.

Novas relacionadas

Comentarios