Venres. 19.04.2024
El tiempo

#25N

A oposición insta ao Concello de Cabana a unirse á loita contra a violencia de xénero

Cabana en negro
A oposición insta ao Concello de Cabana a unirse á loita contra a violencia de xénero

Un dos poucos Concellos da comarca que se desmarcan á hora de loitar contra a violencia de xénero é o de Cabana. De aí que o BNG vaia presentar unha moción para intentar moblizar ao Concello, e que se una á campaña En Negro que comezaba no Concello de Santiago e á que están adheridos xa ducias de concellos de toda a provincia. Unha campaña á que tan só non se adheriron, por agora, os Concellos de Dumbría, Coristanco e Ponteceso, ademais do cabanés.

O voceiro do BNG David Cancela insta ao Concello de Cabana, “a dialogar co asociacionismo e feminismo local de referencia para dar conta das súas demandas e non caer en debates xenéricos”, e quere que o pleno esixa á Xunta que garanta os medios necesarios para combatir esta enfermidade social, destinando, alomenos o 1% do orzamento 2020 a esta loita.

Cancela pon datos enriba da mesa, valorando que a sociedade vai máis adiantada que o goberno galego, como o demostrou nas dúas folgas históricas no 8 de marzo de 2018 e 2019.
Así e todo, aínda hai un 80% de feitos delitivos que non se denuncian, segundo datos do propio Consello Xeral do Poder Xudicial, ao tempo que seguen aumentando as denuncias.

Novas sobre o 25N

Comentarios