Venres. 06.12.2019
El tiempo

A igualdade, no centro do debate da sociedade carnotá

A igualdade, no centro do debate da sociedade carnotá

Estes meses, a igualdade e a loita das mulleres son as absolutas protagonistas do debate en Carnota. Por un lado o Concello aposta polo programa “Súmate á igualdade (+=) mentres a recén creada Asociación Feminista Sonlilá non para de artellar actividades.

Onte o Concello tivo que aprazar o obradoiro “Elas Muralistas”, que queda para o día 25 de novembro, pero hoxe xa comezan os obradoiros de “Cóidome”, de fortalecemento persoal, e non pararán as citas ata final de mes.

Seráns de Comadres

A sociedade civil tampouco para, e as mulleres de Sonlilá xa artellan para os venres de novembro unha serie de Seráns de Comadres. O día 8 e o 22 toca parola de debate aberta, e os 15 e 29, club de lectura feminista.

As citas serán a partir das 18:00h na Casa da Mariñeira (Pedramarrada).

Artigos de Sonlilá en QPC

Novas relacionadas

Comentarios