Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Os maiores de Cabana comprobaron a pé as belezas do entorno

Os maiores de Cabana comprobaron a pé as belezas do entorno
Cabaneses no alto monte castelo

Cuns guías así dá gusto camiñar. Ademais, a febre sendeirista espállase ata os máis maiores. Aló foron, durante a mañá de onte xoves 12 de xuño, un grupo de maiores cabaneses na 1ª Ruta do Programa “Discorrer ó pé da auga”. O técnico municipal e arqueólogo Ángel Eiroa e o enseñeiro forestal David Allo guiaron aos camiñantes explicándolle cada paso.

O primeiro do que gozaron, logo de poñer xa as pernas duras ca subida ao Monte Castelo, foron as vistas panorámicas de Laxe, Borneiro e Esteiro do Anllóns. Fixeron unha interesantísima parada na casa de Jaime o Cesteiro de Canduas, que ttivo a ben realizar varias explicacións sobre a cestería e o petroglifo da zona. Alí tocou visitar tamén a Igrexa parroquial de San Martiño de Canduas e a casa grande dos Romero, que ten un escudo do 1660.

De aí cara a costa e a chegada ao mar foi espectacular, pois na punta percebeira da Insuela puideron avistar 4 arroaces felices navegando polo esteiro. Remataron a ruta na praia de Rebordelo.

Grupo de caminantes cabaneses en Rebordelo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios