Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Piden axuda para combater a praga de pulgas en Cundíns

praga de pulgas
Piden axuda para combater a praga de pulgas en Cundíns

Levan semanas no lugar de Frinle, na parroquia de Cundíns, Cabana, cun grave problema coas pulgas. Un foco desta praga afecta a varias vivendas, que acodían aos serivzos municiàis para informar e pedir axuda para combatelas. 

Tras varias chamadas ao Concello, e se ben é certo que se enviou persoal especialista en pragas para proceder ao fumigado das casas afectadas (unha solución provisional que non ataca o foco do problema), os veciños acodiron ao BNG para solicitar axuda. O seu voceiro municipal Carlos Allo, ademais de recoñecer que xa sabía do tema, comprometeuse a actuar de inmediato.

Así o grupo pide ao Goberno Municipal "tome todas as medidas necesarias para resolver definitivamente o problema desta praga de pulgas que afecta ao lugar de Frinle, Cundíns, coa celeridade e urxencia necesaria, eliminando o foco que as produce e non só fumigando as zonas afectadas". E tamén solicita "un Protocolo Municipal de Atención a Pragas, para dispor dun instrumento que
permitar actuar con rapidez e eficacia en casos coma o que nos ocupa".

Comentarios